28 mar 2012

VISITA A CGTD

O luns 26 de marzo visitamos o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Recibiunos alí a directora Elena Fernández e o adestrador de atletismo Santiago Ferrer; ámbolos dous ensinaronnos as instalacións onde se preparan os mellores deportistas galegos nas distintas modalidades deportivas. 
Tivemos unha xornada estupenda, estivemos cos máis grandes: Javier Gómez Noya, Oscar Vicente, Saleta Castro e o piragüísta olímpico David Cal.
Probamos algunhas probas do atletismo, como o peso, o salto de altura e a pértiga. E vimos como Santi Ferrer nos facía unha estupenda demostración de como se usa a Pértiga. Foi fantástico.
Dende o noso cole dámoslles as grazas por adicarnos o seu tempo, foi unha xornada estupenda.
De Movies

8 mar 2012

NOVO RECORD EN SALTO DE COMBA

Temos un record impresionante no cole, Nuria Casalderrey, fixo 302 saltos superando o anterior de 240 saltos que tiña Víctor Corredoira. PARABENS para Nuria.
PARABENS tamén para Yago e Martín García de 6º, Noelia de 5º e Miguel Ojea de 4º que non sabían saltar, e agora, despois dun pequeno esforzo xa saben saltar. Tan so lle falta coller un pouquiño de fondo. Seguide así e teredes as vosas recompensas.

29 feb 2012

Saúde, alimentación e actividade física

O alumnado de 2º Ciclo fomos os primeiros en recibir a visita dos xogadores da Sociedade Deportiva Teucro para recordarnos a relación directa que unha boa alimentación e a práctica do deporte teñen na nosa saúde.
Miguel Porto e Jorge da Silva foron os encargados da primeira charla-conferencia en Campañó.
Esta actividade é organizada pola Concellería de Deportes. O seu responsable, Agustín Fernández, foi o encargado de abrila. Estaba destinada unicamente ao alumnado de Terceiro e Cuarto de Educación Primaria, pero acabaron sumándose a charla os nosos compañeiros e compañeiras de Quinto.
Ao remate da charla repartiron froita, iogures e auga, unha merenda saudable.

Saúde, alimentación e actividade física” é un proxecto educativo elaborado desde a Sociedade Deportiva Teucro, coa finalidade de responsabilizar aos escolares na promoción da súa saúde. Unha alimentación pouco saudable e o non practicar actividade física con regularidade son as principais causas das enfermidades crónicas máis importantes e ambas son modificables. Estes hábitos inícianse ós tres ou catro anos e establécense a partir dos once, cunha tendencia a permanecer ó largo da vida. A infancia é, por elo, un período crucial para actuar sobre a conduta alimentaria e o sedentarismo, xa que os costumes adquiridos nesta etapa van ser determinantes do estado de saúde do futuro adulto.

11 may 2011

ESTE DEPORTE AXUDOUME A MEDRAR COMO PERSOA

"Este deporte axudoume a medrar como persoa" é unha das frases que dixo Saleta Castro  no noso cole para todas as persoas que estabamos alí escoitando e que emocionou a moitas de nós. Contounos como foi a súa traxectoria deportiva, cales son as súas motivacións, cal é o seu soño. Foi marabilloso escoitala, gozamos moítisimo coas respostas que lles deu aos cativos e cativas do noso cole.
Contounos como empezou e cales son as súas motivacións para seguir. Explicounos un pouco como é a súa vida con este deporte formando parte dela, e chegamos a unha conclusión: é unha supermuller. Moitas persoas das que estabamos escoitando, tanto entre o profesorado como o alumnado quedamos apampando ao mencionar as distancias das probas e os tempos que podes estar nunha competición. Penso que nos quedou claro que o ESFORZO e a SUPERACIÓN están presentes neste deporte e ela ten moito destes valores. Valores estes moi importantes na vida diaria.
Tamén tivo a paciencia de firmar autografos a quen llos pediu, algúns incluso polas dúas caras mostrando ter unha gran PACIENCIA e moi bo humor. Dende o CEIP de Parada-Campañó desexamos que teñas moita sorte no camiño que emprendeches.
GRAZAS SALETA POR ESTAR CON NÓS.

4 may 2011

VISÍTANOS SALETA CASTRO

Mañá visita o noso cole a triatleta Saleta Castro. Esta deportista comeza a destacar desde moi nova en diversas disciplinas: natación, atletismo e salvamento pero a idade de 14 anos resultalle imposible compaxinalo cos estudios e, é o seu adestrador de natación quen a introduce no mundo do triatlón, entrando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva no ano 2002.
Actualmente dedicase exclusivamente ao triatlón en todas as súas modalidades: triatlón cross, triatlón de larga distancia, sprint e duatlón.

1 abr 2011

AS FIGURAS


Aquí seguimos coa terceira entrega dos apuntamentos sobre xadrez. Se tendes dúbidas, podedes preguntar aquí no blogue ou os mércores e os xoves durante o recreo na biblioteca.

29 mar 2011

O PEON

Hoxe subimos a unidade didáctica que se refire ao Peón. Espero que entendades ben todo.