3 ene 2011

BALONCESTO

O mércores 15 de decembro, o alumnado de 5º e 6º tivemos unha sesión de Baloncesto, con dous membros do equipo feminino ARXIL. As xogadoras que nos visitaron xogan no seu equipo de pivot (Nuria, a máis alta) e de base (Taimara,a  máis baixa). Fixemos con elas algúns xogos  e pasámolo xenial. Soubo a pouco. Tiveron un detallino connosco e agasallaronnos cunha camiseta.
O baloncesto é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores ou xogadoras. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao ar libre. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador estime necesarios. As posicións máis comúns dos xogadores son: base, escolta, aleiro, ala-pivot e pivo (pivot). O xogador máis importante é o base, xa que ten a función de dirixir o xogo.

4 comentarios:

  1. Gustoume moito xogar ao baloncesto.
    Cando xogamos eu fixen un lanzamento central
    e gustoume moito

    ResponderEliminar
  2. foi incrible, o final fixemos un partido iso foi o mellor

    ResponderEliminar
  3. Mª Teresa 6º18 ene 2011, 3:32:00

    gustoume moito xogar a o baloncesto estivo moi interesante e paseino moi ben cos meus compañeiros

    ResponderEliminar
  4. O baloncesto e un deporte interesante e divertido,pero leva o seu traballo ,e moi difícil aparte hai unhas nonmas que cumprir.

    ResponderEliminar