1 dic 2010

3º LOITANDO

Alumnado de 3º de Primaria durante a sesión de Loita Olímpica.

1º e 2º LOITANDO

Aquí tendes algunhas fotos da sesión de loita.

A LOITA OLÍMPICA

Hoxe estivo no noso cole, Marcos, representando á Federación Galega de Loita. Todos os nenos e nenas de primaria tiveron a ocasión de probar algunhas das técnicas empregadas neste deporte.
A loita olímpica é un deporte no cal cada participante intenta derrotar ao seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ao adversario ao chan e mantendo os seus dous ombreiros fixos sobre o tapiz ou gañando aos puntos. A principal diferenza entre as modalidades de libre e feminina, e a grecorromana é a imposibilidade, nesta última, de realizar ataques por encima da cintura, nin de utilizar as pernas activamente para atacar.

AROS

OS AROS
Cada participante contará co seu aro e guiador.
Todas as persoas participantes terman do aro cunha man mentres coa outra man sosteñen o guiador co seu gancho tocando no aro. Se un aro deixa de rolar e cae, débese recuperar o movemento antes de seguir a carreira. Non se debe tocar o aro con ningunha parte do corpo mentres está a rolar.

A ARGOLA


Crávase no chan unha pica de ferro o un pau duns 70cm e márcase un círculo de 2 pes de radio ao seu arredor. Desde una distancia entre 5 y 10m lanzamos os aros (antes se xogábase con ferraduras) para que se enganchen na pica (5 puntos) ou, polo menos, que queden dentro do círculo (3 p.). A partida é a 50 puntos.
 Nos fixemos algunhas adaptacións do xogo para poder xogar no noso patio cuberto.

17 nov 2010

15 nov 2010

O Magosto

Por fin celebramos o Magosto no noso cole a pesar do tempo que está facendo. Eduardo encargouse de asar as castañas, o profesorado e máis o alumnado de COMELAS. E que ricas estaban, ¡¡¡¡grazas Eduardo por estar aí para asar as nosas castañas!!!! e despois de comer tocou xogar. Este ano xogamos a corda, a argola, a cana (pescar a botella), e cos aros. Penso que todas as persoas que estabamos alí pasámolo moi ben.

11 nov 2010

A CORDA ou COMBA

Estes días no cole estamos a practicar coa corda nas clases de Educación Física.
Como todas sabedes é un xogo moi sinxelo, bonito e hai anos moi practicado. Na actualidade xogase menos pero no noso cole temos a sorte de ver no recreo a nenos e nenas xogando a corda. E vexo nivel.
Tan so se necesita unha corda e ganas porque se pode xogar individualmente, por parellas ou en grupos. 
Tradicionalmente era considerado xogo de nenas pero hoxe en día, afortunadamente, aínda que poucas persoas practican estes xogos, as que o fan son nenos e nenas. 
É un xogo que require de unha boa percepción espazo-temporal, dunha boa destreza no salto e o non menos importante, de dunha Capacidade Física Básica: a resistencia.
Pero mirade neste video o que se pode facer con algo tan sinxelo.





E unha canción para xogar a corda


Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que entren dúas.
Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que entren tres.
Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que saia unha.
Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que entren dúas.

4 nov 2010

TRIATLÓN

O 25 de Outubro viñeron ó cole a dar información sobre o Triatlón e as súas modalidades. A encargada de facelo foi Fani, a responsable da Escola de Triatlón de Pontevedra. O alumnado de 5º e 6º estivo atento  e mostrou interese por este deporte que non move grandes masas de xente.
O Triatlón é un deporte que combina natación, ciclismo e carreira a pé. Prácticase nun entorno natural. Os triatletas teñen que afrontar estes segmentos por esta orde e sen descanso algún entre eles. É deporte olímpico dende Sydney 2000.
O actual campeón do mundo é o galego Javier Gomez Noya.

28 oct 2010

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Un ano máis chegará a Pontevedra O Salón do Libro Infantil e Xuvenil, esta vez tratando A MENTIRA. O noso colexio, de novo, participará nesta edición e dende a área de Educación Física imos a colaborar coas FRASES MENTIREIRAS DA EDUCACIÓN FÍSICA.  

Anímovos a que comecedes, e recordade que na Educación Física non temos tan so deportes, hai máis cousiñas. A saúde, os xogos, o corpo, a natureza ....

24 oct 2010

CURSO 2010-2011

Ola a todas as persoas da comunidade educativa do CEIP de Parada-Campañó. Iniciamos este blogue co ánimo de estar en contacto e complementar os contidos traballados na área de Educación Física. Espero a vosa axuda para que este blogue colla forma.