17 nov 2010

15 nov 2010

O Magosto

Por fin celebramos o Magosto no noso cole a pesar do tempo que está facendo. Eduardo encargouse de asar as castañas, o profesorado e máis o alumnado de COMELAS. E que ricas estaban, ¡¡¡¡grazas Eduardo por estar aí para asar as nosas castañas!!!! e despois de comer tocou xogar. Este ano xogamos a corda, a argola, a cana (pescar a botella), e cos aros. Penso que todas as persoas que estabamos alí pasámolo moi ben.

11 nov 2010

A CORDA ou COMBA

Estes días no cole estamos a practicar coa corda nas clases de Educación Física.
Como todas sabedes é un xogo moi sinxelo, bonito e hai anos moi practicado. Na actualidade xogase menos pero no noso cole temos a sorte de ver no recreo a nenos e nenas xogando a corda. E vexo nivel.
Tan so se necesita unha corda e ganas porque se pode xogar individualmente, por parellas ou en grupos. 
Tradicionalmente era considerado xogo de nenas pero hoxe en día, afortunadamente, aínda que poucas persoas practican estes xogos, as que o fan son nenos e nenas. 
É un xogo que require de unha boa percepción espazo-temporal, dunha boa destreza no salto e o non menos importante, de dunha Capacidade Física Básica: a resistencia.
Pero mirade neste video o que se pode facer con algo tan sinxelo.





E unha canción para xogar a corda


Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que entren dúas.
Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que entren tres.
Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que saia unha.
Ao montón,
que pouquiñas son,
se son pouquiñas,
que entren dúas.

4 nov 2010

TRIATLÓN

O 25 de Outubro viñeron ó cole a dar información sobre o Triatlón e as súas modalidades. A encargada de facelo foi Fani, a responsable da Escola de Triatlón de Pontevedra. O alumnado de 5º e 6º estivo atento  e mostrou interese por este deporte que non move grandes masas de xente.
O Triatlón é un deporte que combina natación, ciclismo e carreira a pé. Prácticase nun entorno natural. Os triatletas teñen que afrontar estes segmentos por esta orde e sen descanso algún entre eles. É deporte olímpico dende Sydney 2000.
O actual campeón do mundo é o galego Javier Gomez Noya.