28 mar 2012

VISITA A CGTD

O luns 26 de marzo visitamos o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Recibiunos alí a directora Elena Fernández e o adestrador de atletismo Santiago Ferrer; ámbolos dous ensinaronnos as instalacións onde se preparan os mellores deportistas galegos nas distintas modalidades deportivas. 
Tivemos unha xornada estupenda, estivemos cos máis grandes: Javier Gómez Noya, Oscar Vicente, Saleta Castro e o piragüísta olímpico David Cal.
Probamos algunhas probas do atletismo, como o peso, o salto de altura e a pértiga. E vimos como Santi Ferrer nos facía unha estupenda demostración de como se usa a Pértiga. Foi fantástico.
Dende o noso cole dámoslles as grazas por adicarnos o seu tempo, foi unha xornada estupenda.
De Movies

8 mar 2012

NOVO RECORD EN SALTO DE COMBA

Temos un record impresionante no cole, Nuria Casalderrey, fixo 302 saltos superando o anterior de 240 saltos que tiña Víctor Corredoira. PARABENS para Nuria.
PARABENS tamén para Yago e Martín García de 6º, Noelia de 5º e Miguel Ojea de 4º que non sabían saltar, e agora, despois dun pequeno esforzo xa saben saltar. Tan so lle falta coller un pouquiño de fondo. Seguide así e teredes as vosas recompensas.

29 feb 2012

Saúde, alimentación e actividade física

O alumnado de 2º Ciclo fomos os primeiros en recibir a visita dos xogadores da Sociedade Deportiva Teucro para recordarnos a relación directa que unha boa alimentación e a práctica do deporte teñen na nosa saúde.
Miguel Porto e Jorge da Silva foron os encargados da primeira charla-conferencia en Campañó.
Esta actividade é organizada pola Concellería de Deportes. O seu responsable, Agustín Fernández, foi o encargado de abrila. Estaba destinada unicamente ao alumnado de Terceiro e Cuarto de Educación Primaria, pero acabaron sumándose a charla os nosos compañeiros e compañeiras de Quinto.
Ao remate da charla repartiron froita, iogures e auga, unha merenda saudable.

Saúde, alimentación e actividade física” é un proxecto educativo elaborado desde a Sociedade Deportiva Teucro, coa finalidade de responsabilizar aos escolares na promoción da súa saúde. Unha alimentación pouco saudable e o non practicar actividade física con regularidade son as principais causas das enfermidades crónicas máis importantes e ambas son modificables. Estes hábitos inícianse ós tres ou catro anos e establécense a partir dos once, cunha tendencia a permanecer ó largo da vida. A infancia é, por elo, un período crucial para actuar sobre a conduta alimentaria e o sedentarismo, xa que os costumes adquiridos nesta etapa van ser determinantes do estado de saúde do futuro adulto.