18 feb 2011

EDUCACIÓN , DEPORTE E VALORES


Dende o xoves ata o próximo mércores temos no cole unha exposición itinerante dirixida  ao alumnado, persoal docente, persoal non docente, familias...  cuxa temática é a EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES. Consta de 17 paneis despregables que podedes ver nos corredores do noso centro. Invitamos a toda a comunidade educativa a darse unha volta polo centro e a recordar que a actividade física e os deportes alimentan o noso ser, en tódolos seus ámbitos: cognitivo, físico, afectivo e social  e axudan a traballar e desenvolver valores fundamentais para a vida diaria.