11 may 2011

ESTE DEPORTE AXUDOUME A MEDRAR COMO PERSOA

"Este deporte axudoume a medrar como persoa" é unha das frases que dixo Saleta Castro  no noso cole para todas as persoas que estabamos alí escoitando e que emocionou a moitas de nós. Contounos como foi a súa traxectoria deportiva, cales son as súas motivacións, cal é o seu soño. Foi marabilloso escoitala, gozamos moítisimo coas respostas que lles deu aos cativos e cativas do noso cole.
Contounos como empezou e cales son as súas motivacións para seguir. Explicounos un pouco como é a súa vida con este deporte formando parte dela, e chegamos a unha conclusión: é unha supermuller. Moitas persoas das que estabamos escoitando, tanto entre o profesorado como o alumnado quedamos apampando ao mencionar as distancias das probas e os tempos que podes estar nunha competición. Penso que nos quedou claro que o ESFORZO e a SUPERACIÓN están presentes neste deporte e ela ten moito destes valores. Valores estes moi importantes na vida diaria.
Tamén tivo a paciencia de firmar autografos a quen llos pediu, algúns incluso polas dúas caras mostrando ter unha gran PACIENCIA e moi bo humor. Dende o CEIP de Parada-Campañó desexamos que teñas moita sorte no camiño que emprendeches.
GRAZAS SALETA POR ESTAR CON NÓS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario